domingo, 11 de febrero de 2018

Proxecto Científico " a auga"

A instalación de auga de Ferrolterra.
Dende o embalse das Forcadas, situado no Concello de Valdoviño, e propiedade do Concello de Ferrol, a auga captada percorre 17,4 km mediante unha condución soterrada, e flúe por gravedade  ata a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Catabois.



A capacidade do embalse é de 10,7 Hm3 m e está xestionado por EMAFESA, seguindo as indicacións de Augas de Galicia -Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

O auga que consumimos non debe conter ningún tipo de microorganismo, parásito ou sustancia, nunha cantidade ou concentración que poida supor un risco para a saúde humana.

O auga debe ser sometida a tratamentos , antes de distribuila aos consumidores, estes tratamentos lévanse a cabo na ETAP (Estancións de Tratamento de Auga Potable) 


Cómo potabilizamos a auga de consumo humano? 

Sometémola á seguinte secuencia: 

  1. Pretratamento 
  2. Coagulación - floculación 
  3. Decantación 
  4. Filtración 
  5. Desinfección
1.- Pretratamento
Eliminación dos sólidos de gran tamaño que poida conter a auga no punto de captación (follas, ramas de árbore, pedras...) mediante rexas ou tamices que os reteñen. 
Se contén area ou sólidos semellantes en suspensión, empréganse canles nos que estes sólidos sedimentan por gravedade.
A continuación , a auga sométese a aireación, deixando caer a auga en forma de cascada, cuxo obxectivo é  aumentar o contido de osíxeno disolto, facilitando a depuración por medio de bacterias aerobias.
É habitual a oxidación primaria con Dióxido de Cloro (Cl02), cuxo obxectivo principal é  destruir as sustancias orgánicas precusoras de trihalomentanos, actuando tamén como etapa de pre-desinfección.

Visitamos a EDAR-ETAP e o Embalse de As Forcadas








miércoles, 7 de febrero de 2018

Visitamos o Encoro de As Forcadas, a ETAP e a EDAR

Para documentarnos sobre o "ciclo humano da auga" e investigar para o noso proxecto científico, visitamos o Encoro das Forcadas, a EDAR e a ETAP guiados por expertos de VIAQUA  e do Concello de Valdoviño.