Somos un equipo de rapazas e rapaces, que nos gusta a robótica e a programación, e xuntámonos no tempo de lecer no taller de tecnoloxía do CPI de Atios, a facer o que nos gusta.
O venres visitou o CPI de Atios, José Antonio Becerra, profesor de Informática e robótica, da UDC-Escola Politécnica de Ferrol. Presentoulles a First Lego League Galicia aos nosos alumnos do Obradoiro de Robótica, e agasallounos con pezas de lego de edicións anteriores.