domingo, 24 de febrero de 2019

Os FrouxiMakers na First LEgo League

O pasado sábado 16 de febreiro, os equipos de Robótica do CPI de Atios, FrouxiMakers Junior e FrouxiMakers Teens, participaron na fase galega da First Lego League que este ano tiña por temática "O Espazo", os Junior coa "Mision Moon" e os Teens coa "Into Orbit"
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Teens realizou un proxecto de cultivo hidropónico en Marte ao que chamou "ASTROPLANT" , que non necesita terra, alimentandose de auga e fertilizante (ouriño dos astronautas), iria soterrado e as plantas medrarían con luz LED.

A participación deste equipo conseguiu o "Pemio Princesa de Girona ao Emprendemento"